En marcha un plan de recuperación do Xurés
(24.09.2020) En marcha un plan de recuperación do Xurés
- No día de onte recibimos a visita de Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, que quixo coñecer de primeira man o impacto que o lume causou no Xurés, e que danou gran extensión do parque natural.
- Coa colaboración da súa consellería, a consellería de Medio Rural, mailos concellos afectados, constituíuse unha comisión de traballo para elaborar un plan de recuperación da vexetación, para a súa repoboación e rexeneración natural, e do solo, con estudios específicos para evitar ou ralentizar a súa erosión.