Orde do 21 de outubro de 2020. Medidas de prevención específicas.
Orde do 21 de outubro de 2020. Medidas de prevención específicas.
Período de aplicación: 14 días naturais dende o 22 de outubro.
Normas de carácter xeral
- Agrupacións de persoas: calquera actividade de carácter familiar ou social na vía pública ou espazos de uso público estará limitada a 5 persoas.
- Excepcións: actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, centros universitairos, educativos, de formación e ocupacionais e deporte federado.
- Persoas maiores de 75 anos: evitar a actividade diaria en horas de moita afluencia.
- Peche total de festas, verbenas e outros eventos populares.
Normas por sectores de actividade
- Velorios e enterros: 25 persoas aire libre. 10 perosas espazos pechados.
- Enterramentos e cremacións: 25 persoas.
- Lugares de culto: 50% do aforo.
- Cerimonias nupciais: segundo restricións dos lugares de culto.
- Celebración: 100 persoas ao aire libre e 50 persoas lugares pechados.
- Comercio e servizos profesionais: 50% da súa capacidade.
- Mercados ambulantes (Feiras): 50% dos postos habituais autorizados.
- Academias, autoescolas, centros privados de ensino non regrado e formación xestionada ou financiada pola Xunta: 50% do máximo permitido.
- Hostalería e Restauración: Prohibido servizo en barra, aforo no interior do 50%, grupos de persoas en mesas máx. 5 persoas. Hora de peche á 01:00 h.
- Hoteis, aloxamentos turísticos e albergues: zonas comúns ao 50% do aforo. Actividades grupais máx. 5 persoas incluído o monitor.
- Bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións…: 50% da capacidade máx. permitida. e en actividades grupais máximo 5 persoas incluído o monitor.
- Cines, teatros, auditorios…: butacas preasignadas e 50% do aforo, Noutros recintos e locais destinados a espectáculos públicos os asistentes deberán permanecer sentados e cun 50% do aforo total cun límite máx de 60 persoas en lugares pechados e de 150 ao aire libre.
- Centros de lecer infantil: 50% do aforo.
- Actividades e instalacións deportivas: a actividade non federada deberá de ser sen contacto físico e máx 5 persoas de forma simultánea sen contar monitor.
- Aforos en eventos deportivos: público sentado, 50% da capacidade da instalación cun límite de 60 persoas en lugares pechados e 150 ao aire libre.
- Piscinas: 50% do aforo.
- Actividades turísticas: grupos de 5 persoas. En centros de información e puntos de información ao 50% do aforo.
- Tempo libre infantil e xuvenil: 50% do límite máximo permitido e grupos de 5 persoas incluíndo monitores.
- Centros cívicos e sociais: 50% do aforo e en actividades grupais máximo 5 persoas co monitor incluído.
- Parques públicos e similares: aforo de 1 persoa por cada 4 m2 recomendación de peche entre as 00:00 e as 06:00.
- Congresos, encontros, reunións de negocios, conferencias, eventos e actos similares: 50% da capacidade da instalación cun máximo de 60 persoas en recinto cerrado e 150 ao aire libre.