A conselleira de Política Social visita a casa niño de Lobios
- Fabiola García, conselleira de Política Social e Jacobo José Rey, subdirector xeral, visitaron onte a casa niño de Lobios acompañados de Mari Carmen Yáñez, a nosa alcaldesa.
- Nesta visita a conselleira destacou a importancia destes centros infantís como recurso para conciliación das familias axudando ao asentamento destas no rural.
- A casa niño de Lobios, inaugurada hai case catro anos, que dá cobertura a dez cativos, é o resultado dunha grande aposta deste Concello, que traballou arreo ao carón da Consellería de Política Social, para facer realidade un servizo moi demandado pola nosa poboación.