"Protéxete pero non cales"

(11.11.2020) "Protéxete pero non cales"

  • O Concello de Lobios pon en marcha unha campaña de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
  • A campaña, denominada "PROTÉXETE PERO NON CALES" está dirixida a toda a poboación do Concello e inclúe a distribución de máscaras reutilizables con esta mensaxe, así como tamén a realización de distintos obradoiros para os mais pequenos e representacións artísticas no centro educativo.