Proxecto EXTRAORDINARIAS. Formación en marketing dixital para emprendedoras do rural
- Aberto o prazo de inscrición para actividades de formación, con metodoloxía virtual, en marketing dixital dirixidas a mulleres emprendedoras de zonas rurais co fin de potenciar ideas e negocios activos que están xerando valor e economía local para impulsalos a nivel local.
- Os talleres, de carácter gratuíto, a realizarse entre os meses de novembro e decembro de 2020, servirán para poder analizar o potencial de transformación dixital dos negocios e dar visibilidade ás empresas mediante tres módulos (nivel básico, intermedio e avanzado).
- Estas actividades son froito dun convenio entre a Deputación de Ourense e a Fundación Cibervoluntarios para o desenvolvemento de actividades de transformación dixital en zonas rurais.
- Inscricións no teléfono do concello 988 40 80 00, preguntando por María.