Instaurado o servizo de fibra óptica en varias localidades de Lobios
- Dezaseis núcleos poboacionais do Concello de Lobios, Cima de Vila, Casardomato, O Eido, Casar de Cima, O Souto, Ferreiros, Corgo, Carreira, Pazos, A Cruz, Reguengo, Silvares, Requeixo, Barrallo, Foz e A Rasela, contan xa co servizo de fibra óptica permitindo a conexión de internet a alta velocidade.
- Os traballos de instalación ampliaranse nos próximos días a cinco parroquias.
- Unha vez rematado o proxecto serán 983 vivendas, do noso municipio, as que poderán dispoñer de banda ancha ultra-rápida.
- Este servizo de conexión a internet por fibra realizouse pola adhesión do Concello de Lobios ao programa de extensión de banda ancha no rural financiado con fondos europeos.