Próximas actuacións nas sendas e accesos ao Xurés
(13.01.2021) Próximas actuacións nas sendas e accesos ao Xurés
- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Lobios na mellora dos accesos, camiños e sendeiros do Parque do Xurés. O obxecto principal é facilitar a accesibilidade, especialmente a persoas con diversidade funcional para que as súas limitacións non lle impidan gozar da contorna.
- O sendeiro que transcorre a carón da mansio romana Aquis Originis e a zona das augas termais de Riocaldo, pasando tamén por áreas de gran valor natural e cultural, será obxecto dunha intervención permitindo que persoas con limitacións sensoriais ou mobilidade, poidan percibir a riqueza natural e paisaxística da nosa serra xuresiana.
- Outro punto preferente do que se falou na reunión mantida o pasado luns entre a conselleira, Ángeles Vázquez e Mari Carmen Yáñez, alcaldesa deste concello, foi a mellora, acondicionamento e mantemento das instalacións da antiga aduana e fronteira con Portela do Home, entrada de Terra de Bouro a Galicia. Un espazo que a parte de ter importancia histórica é a primeira imaxe que os visitantes atópanse ao chegar ao noso país.
- Nas próximas datas iranse perfilando máis polo miúdo estas e outras liñas de actuación e colaboración entre as dúas administracións, para continuar na senda de impulsar o turismo e a actividade económica neste territorio.