Axudas e subvencións

  • Difundimos axudas e subvencións recentemente publicadas e que poden ser de interese, dirixidas a particulares, asociacións, empresas, emprendedores...

 

  • IN421O - Axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica. 
    Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021 (código de procedemento  IN421O).(DOG núm. 10 do 18 de xaneiro de 2021). 

 

 

 

  • IG406F - Axudas do Igape para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

    Poderán ser beneficiarios destas axudas os/as autónomos/as e as pequenas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, que realicen unha actividade económica e teñan menos de 42 meses de antigüidade de alta na actividade na data da solicitude da axuda, segundo se establece no artigo 1.

    Enténdense incluídas as sociedades mercantís, cooperativas, asociacións e outras entidades con personalidade xurídica propia e as sociedades civís, comunidades de bens e outras entidades sen personalidade xurídica propia, sempre que conten con NIF e a súa constitución estea documentada e presentada a autoliquidación do imposto de actos xurídicos documentados.


     
  • MR674B - Prima de mantemento sistemas agroforestais - castiñeiro para froito
    A orde, en réxime de concorrencia non competitiva, ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión das primas de mantemento correspondentes aos expedientes aprobados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (medida 8.2 do PDR de Galicia 2014-2020, procedemento MR674B) dos anos 2021, 2022 e 2023.
     
  • MR670C - Prima de mantemento da forestación
    A orde, en réxime de concorrencia non competitiva, ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión das primas de mantemento correspondentes ás superficies forestadas mediante as axudas á creación de superficies forestais (medida 8.1 do PDR de Galicia 2014-2020, procedemento MR670C) dos anos 2021, 2022 e 2023.