Os alumnos/traballadores da escola taller rehabilitan un lavadoiro en Lobios
(28.01.2021) Os alumnos/traballadores da escola taller rehabilitan un lavadoiro en Lobios
- Os participantes no obradoiro "Vía Nova" están a intervir nun lavadoiro, situado na contorna da capitalidade do noso concello, que estaba moi deteriorado. A obra fará unha restauración estética permitindo ademais que volva a ter utilidade.
- Esta intervención é un dos proxectos a desenvolver polos alumnos/traballadores da escola taller "Vía Nova", enfocada ás profesións de albanelería e xardinería.