Axudas da Axencia Galega de Turismo

(04.02.2021) Axudas da Axencia Galega de Turismo 

 
  • Publicadas no DOG  nº23 do 4.02.2021 axudas dirixidas a actuacións de mellora paisaxística  e embelecemento de bens do Camiño de Santiago e mellora das das infraestruturas de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración.


    - Procedemento TU501D. - Axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.


    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora paisaxística, a procura da harmonía, a orde e respecto, e a coherencia do Camiño de Santiago e a súa paisaxe cos valores culturais ligados ás sociedades que ao longo do tempo construíron este espazo (código de procedemento TU501D).

    As actuación deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago e no campo visual do seu recorrido. Exclúense de esta orde os núcleos urbanos consolidados.

    Prazo: 05/02/2021 - 04/03/2021
    Máis información e presentación de solicitudes


    - Procedemento TU503A. - Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración.
    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Prazo: 05/02/2021 - 04/03/2021
    Máis información e presentación de solicitudes