Programa de apoio ao sector da hostalería (TR500C), e a Outras actividades pechadas (TR500D)

 

23.02.2021) Programa  de apoio ao sector da hostalería (TR500C), e a  Outras actividades pechadas (TR500D) 
 

  • Axudas da Xunta de Galicia para o ano 2021, para o mantemento do emprego e da actividade económica das persoas traballadoras autónomas, das microempresas ou pemes de Galicia afectadas pola COVID-19 a través dos programas:

    - Programa I de apoio ao sector da hostalería (TR500C).

    Este programa ten por obxecto apoiar as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias nos termos establecidos no artigo 18 da Orde.
    Vai dirixido ás persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes do sector de hostalaría.

    Prazo: 24/02/2021 - 23/03/2021
    Máis información e presentación de solicitudes





     
  • - Programa II de apoio a outras actividades pechadas (TR500D).

    Este programa ten por obxecto apoiar os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.
    Vai dirixido ás persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Prazo: 24/02/2021 - 23/03/2021
    ​Máis información e presentación de solicitudes

Galería