Medidas da loita contra o COVID-19 - En vigor o venres, 5 de marzo ás 00:00 h

 

(05.03.2021)Medidas da loita contra o COVID-1, que entran en vigor o venres, 5 de marzo ás 00:00 h

 
  • O venres, 5 de marzo, ás 00:00 h. entran en vigor novas medidas para a loita contra o Covid19.  
  • No  Concello de Lobios e en xeral en todos os municipios da nosa comunidade autónoma que se consideran de  nivel de Restricción Media, as normas son as seguintes:
     

Medidas da loita contra o COVID-19 - Nivel de Restrición Media
(En vigor o venres, 5 de marzo ás 00:00 h)
AGRUPACIÓNS DE ATA 4 PERSOAS NON CONVIVINTES
RESTRINXIDA A MOBILIDADE NOCTURNA DE 22:00 h ATA ÁS 6.00 h 
RESTRICIÓN ESPECÍFICA DE MOBILIDADE (poderanse mover aos concellos do mesmo nivel)

HOSTALERÍA e RESTAURACIÓN
No interior: Limitación ao 30% das mesas permitidas.
• Non se poderá prestar servizo en barra
• Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 50% das mesas permitidas.
• A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
• Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
• Horario do peche ao público: 18:00 horas.
• Permítese a recollido no local para consumo no domicilio ata as 21:30 h.
• Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 h.


HOTEIS E ALONXAMENTOS TURÍSTICO
• Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
• Peche temporal dos albergues turísticos


ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS
• Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais: Límite do 50% de capacidade, independentemente da súa superficie.
• Peche ás 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior.


MERCADOS AO AIRE LIBRE
• Mercados con menos de 50 postos autorizados: 100% da súa capacidade.
• Mercados con 50-100 postos autorizados: 75% da súa capacidade.
• Mercados con máis de 100 postos autorizados: 50% da súa capacidade


VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
• Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
• Velorios: 10 persoas por túmulo sexan ou non conviventes e 25 en espazos abertos.
• Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas sexan ou non conviventes.
• Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.
• Actos e reunión laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 30% da capacidad autorizada do local. Límite de 75 persoas en locais pechados e 150 persoas en locais ao aire libre.
• Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 4 persoas sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.
• Cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 250 persoas en locais pechados e 500 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.
• Cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 250 persoas en locais pechados e 500 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

Máis información: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Media