Axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica (IN421O)

 

(09.03.2021) Axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica  dirixidas a particulares 

 
  • O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) convoca para o 2021, axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares. (Procedemento IN421O)
     
  • O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos para subministración en vivendas ou inmobles de carácter residencial.
     
  • Prazo de solicitudes: 03/03/2021 - 01/07/2021
     
  • Máis información e presentación de solicitudes