(11.03.2021) Nova normativa para a obtención do permiso de conducir. ​

  • O PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO PERMISO DE CONDUCIR  no ano 2021 é o seguinte:

    A DXT é o organismo que se encarga de emitir o permiso de conducir en España. Para iso, os aspirantes a condutores deben presentarse a un exame teórico e outro práctico para demostrar os seus coñecementos sobre as normas de circulación e habilidades ao volante.

    Para realizar os devanditos exames, os aspirantes deben presentar unha solicitude previa e deberán informarse sobre a medidas fronte ao COVID-19 para a seguridade de todos. Dita información atópase na seguinte ligazón: https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/obtencion-renovacion-duplicados-permiso/permiso-conducir/

    Para obter os coñecementos necesarios para presentarse ao exame, poden prepararse de dúas formas:

    A través dunha autoescola, onde eles se encargarán de proporcionar o material necesario, ou por libre. Neste caso, podense consultar os manuais clásicos de circulación e repasar o aprendido con tests gratuítos en formato on- line.
    Preme aquí para acceder a toda a información da Dirección Xeral de Tráfico a este respecto.

    Lembra que a DXT ten automatizados unha gran morea dos seus trámites dende a súa sede electrónica para que podas facelos sen moverte da casa.

     

    Medidas anti-Covid:

    Co obxectivo principal de preservar as medidas de seguridade por mor da crise sanitaria do COVID-19, se vas de asistir a realizar un exame práctico ou teórico para obtención do permiso de conducir, ten en conta as seguintes medidas:

    – Acode á túa cita de exame á hora á que che convocamos, e non antes.

    – Podes asistir cun só acompañante no caso que sexas menor de idade, contas con mobilidade reducida ou con outras limitacións físicas.

    – Deberás levar unha máscara cirúrxica ou FFP2 sen válvula de exhalación, debendo cubrir en todo caso nariz e boca.