Actuación de rehabilitación das fontes e lavadoiros nas aldeas de Cimadevila, Fondevila, San Paio e Grou, no concello de Lobios

 

(15.03.2021) Actuación de rehabilitación das fontes e lavadoiros nas aldeas de Cimadevila, Fondevila, San Paio e Grou.
 

  • O concello de Lobios realizou a obra de “Actuación de rehabilitación das fontes e lavadoiros nas aldeas de Cimadevila, Fondevila, San Paio e Grou, (Lobios -Ourense),  o abeiro da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2020 e 2021, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 29 do 12 de febreiro de 2020).
     
  • Esta actuación cun investimento aprobado de 43.524,78 euros recibiu unha axuda de 39.970,89 euros e, foi financiada integramente con cargo á submedida 4.4 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR), cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75%.
    Os datos da axuda foron os seguintes:
     
Investimento Subvención Concepto
43.524,78 € 35.970,89 € Obra: Actuacións de Rehabilitación das fontes e
lavadoiros nas aldeas de Cimadevila, Fondevila, San Paio e Grou, no concello de Lobios (Ourense)
4.840,00 € 4.000,00 € Servizos: honorarios por redacción de proxecto e
dirección de obra.

 


Galería