Subvencións e axudas en vigor

 

(07.04.2021) Subvencións e axudas en vigor da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia

 

Compartimos información de procedementos en vigor de axudas e subvencións relativos á vivenda.

 

  • VI422E - Subvencións do programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
    Estas subvencións están dirixidas a financiar actuacións de rehabilitación de edificios e/ou vivendas ao abeiro do programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021.
    -Prazo de solicitudes:   23/03/2021 - 22/04/2021
    -Máis información e presentación de solicitudes

 

  • VI435A - Subvencións para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021
    Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2021 as subvencións para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
    -Prazo de solicitudes: 03/02/2021 - 01/09/2021
    -Máis información e presentación de solicitudes

 

  • VI432A - Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021
    Programas de axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, para distintos  sectores de poboación.
    -Prazo de solicitudes: 31/03/2021 - 30/04/2021
    -Máis información e presentación de solicitudes