Cribado aleatorio en Lobios
- O próximo sábado, 24 de abril, o Servizo Galego de Saúde, levará a cabo un cribado aleatorio no noso concello co fin de detectar posibles casos asintómaticos de Covid 19 e frear a transmisión do virus.
- Ao redor de 600 persoas, elixidas ao azar, recibirán unha mensaxe SMS no seu teléfono móbil, coa hora da cita á que deberán acudir ao Polideportivo Municipal de Lobios, lugar onde se realizarán as probas.
- É moi importante que os citados acudan a realizar esta proba indolora que leva moi pouquiño tempo e redunda no beneficio propio e común.
- Para o correcto desenvolvemento da xornada pregamos teñan en conta as seguintes indicacións:
- Acudir á hora citada.
- Extremar as medidas de prevención: distancia de seguridade, uso de máscara, hixiene de mans...
- Seguir as indicacións do persoal sanitario e da organización.
- Na reunión de onte martes, 20 de abril, o comité clínico acordou posicionar a Lobios, no nivel medio ou fase amarela, (incidencia entre 150-250 por cada 100.000 habitantes), establecendo polo tanto, medidas máis restritivas, a partir de mañá venres. Ver medidas nivel medio.
- A día de hoxe, segundo informan as autoridades sanitarias, no noso concello constan 3 casos positivos de Covid19.