Ponte da Barca e Lobios, concellos veciños con proxectos en común

(10.06.2021) Ponte da Barca e Lobios, concellos veciños con proxectos en común

  • "J/Xuventude, o futuro que nos une" é un proxecto de colaboración entre os concellos de Lobios e a cámara de Ponte da Barca, que abrangue diferentes actividades para dar a coñecer, máis en profundidade, estes dous municipios veciños.

 

  • A presentación do programa de "J/Xuventude, o futuro que nos une", será o próximo sábado, 12 de xuño ás 12:30 h., na Cámara de Ponte da Barca, á que acudirá o seu alcalde, a alcaldesa de Lobios, o concelleiro de Cultura e o vereador de Xuventude.

 

  • As primeiras iniciativas que se levarán adiante serán exposicións de fotografía, artes plásticas e pintura en cada un dos concellos. No caso de Ponte da Barca, o aficionado á fotografía, Alex Rodríguez López, natural de Lobios, exporá nese concello. A segunda exposición, realizarase no Edificio Multiusos de Lobios, con obras de Ana Alves, titulada en Artes Plásticas, Audiovisuais e Tecnoloxías Artísticas polo Instituto Politécnico de Viana do Castelo. As exposicións terán carácter mensual en cada un dos concellos participantes no proxecto.

 

  • Os artistas de Lobios que exporán as súas obras son:
    • ALEX RODRÍGUEZ LÓPEZ
    • ELADIO GARRIDO BARBEITO
    • KIKE SILVA RAMOS
    • FER REBELO

 

  • Iremos informando nas distintas canles de comunicación do concello, web e redes sociais, das exposicións e actividades que se vaian programando para que todos podamos gozar da arte e a creatividade transfronteiriza.