Colaboración coa Xunta de Galicia para poñer en valor o Parque Natural Serra do Xurés


 
  • A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia colaborará co noso concello para levar a cabo accións que poñan en valor o Parque Natural Baixa Limia Serra Do Xurés ao seu paso por Lobios.
     
  • A nosa rexedora, Mari Carmen Yáñez e a a conselleira , Ángeles Vázquez, acordaron traballar xuntas  para mellorar a sinalización actual dalgunha das rutas a pé que atravesan o concello, así como nun novo proxecto municipal para mellorar e garantir a accesibilidade dun destes sendeiros para as persoas con discapacidade.
     
  • A alcaldesa de Lobios, tamén trasladou a inquedanza por acometer  intervencións e melloras co fin de favorecer a integración coa contorna.