Mellora de sendas peonís do Concello de Lobios

 
(24.09.2021) Mellora de sendas peonís do Concello de Lobios
 
  • Ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT724A) (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2021), o concello de Lobios realizou a obra de “Mellora de sendas peonís do concello de Lobios”

    Esta actuación cun investimento aprobado de 36.299,54 euros recibiu unha axuda de 29.999,62 euros e, foi financiada integramente con cargo á submedida 7.6 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR), cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75%.

    O obxecto da mellora foron dous tramos da Gran Ruta do Xurés (Lobios-Prencibe) e Roteiro Termal Lobios - Vila Termal de “Os Baños de Río Caldo”


Galería