Adecuación de ETAP e de instalación de bombeo en alta e en baixa no concello de Lobios

​​
  • Adecuación de ETAP e de instalación de bombeo en alta e en baixa no concello de Lobios
 
Ao abeiro da RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A)(DOG, núm 56 do mércores, 24 de marzo de 2.021), o concello de Lobios realizou a obra de “Adecuación de ETAP e de instalación de bombeo en alta e en baixa no concello de Lobios”
 
Esta actuación cun investimento aprobado de 51.630,24 euros recibiu unha axuda de 50.000,00 euros e, foi financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
 
Os obxectivos acadados con esta actuación foron:
 
En relación á adecuación da ETAP existente:
 
  • Asegurar unha subministración deauga de calidade mediante a substitución da carga filtrante e a implantación dun equipomulti‐paramétrico que asegure os parámetros de Cloro, Ph e turbidez, que se fixan noRD 140/2003, na auga mediante sistema de lectura permanente.
     
  • Reducir o custo do tratamento e o uso racional do cloro mediantea instalación dun sistema de by‐pass que derive o excedente de auga sen necesidade declorar retornándoa ao cauce natural.
     
  • Facilitar a xestión da ETAP coa implantación dun sistema de telexestión mediante un sistema de autómata que manteña en todo momento informado doestado da ETAP aos operarios encargados da súa xestión sen necesidade de acudir ámencionada instalación. Con isto reducirase o custo e garantizarase o seu funcionamentoadecuado.
 
En relación á adecuación da Estación de Bombeo existente:
 
  • Asegurar unha subministración deauga ao depósito de cabeceira ETAP en caso de necesidade por falta de auga dosnacentes que a abastecen ou incidencias non previstas.
     
  • Posta en valor unhas instalacións que se están degradando pornon ser utilizadas.
 
 
 
Mapa das zonas de actuación:
 
As obras realizáronse na beira do río Cabaleiro e no entorno da estrada que comunica os núcleos de Delás e Sá.