Información pública Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

- Achegamos ANUNCIO do 29 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se acorda someter ao procedemento de información pública o proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 64/2009, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

 


- Durante o  prazo da exposición pública  poderase consultar o texto do proxecto de decreto no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia:

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

 

 As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

  • Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: parques.naturais@xunta.gal
  • Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin no enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.