Lobios adopta o proxecto europeo PACES : Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía

 

(02.12.2021) Lobios adopta o proxecto europeo PACES: Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía

 
  • O PACES é o maior movemento mundial das cidades pola acción local respecto ao clima e a enerxía, que persegue o obxectivo de frear o cambio climático.
     
  • Os Asinantes do Pacto comparten unha visión común para 2050: acelerar a  descarbonización dos seus territorios, fortalecer a súa capacidade para adaptarse aos impactos ineludibles do cambio climático e conseguir que os seus cidadáns gocen de acceso a unha enerxía segura, sostible e alcanzable.
     
  • O Concello de Lobios comprométese por este pacto  a actuar para respaldar a implantación do obxectivo europeo de redución dos gases de efecto invernadoiro nun 40 % para 2030 e a adopción dun enfoque común para o impulso da mitigación e a adaptación ao cambio climático. 
     
  • Como medida de análise do punto de partida e seguimento do alcance dos obxectivos, elabórase  un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) no que se esbozan as accións crave que se pretende acometer.
     
  • Este programa conta co cofinanciamento da  Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda da Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER 2014-2020) 


"Unha maneira de facer Europa"