Converter o Xurés nun parque natural máis resiliente e inclusivo

(09.03.2022) Converter o Xurés nun parque natural máis resiliente e inclusivo

 

  • A Xunta de Galicia e o Concello de Lobios abordamos proxectos para converter o Xurés nun parque natural máis resiliente e inclusivo.
  • A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a nosa alcaldesa, Carmen Yáñez, mantiveron unha reunión na que abordaron os proxectos que poderán impulsar ambos departamentos para mellorar os equipamentos e a conservación do patrimonio deste espazo natural.
  •  
  • Ángeles Vázquez adiantoulle á nosa rexedora que a Xunta executará unha actuación para crear unha senda peonil para persoas con diversidade funcional na contorna do balneario da Corga da Fecha.
  • Tamén lle trasladou  o apoio do seu departamento aos proxectos municipais que teñen por finalidade definir ciclovías e ecovías, coas que apuntalar o municipio como referente do turismo sostible