Ludoteca de Semana Santa "Ti máis eu xogamos ao mesmo"
(31.03.2022) Ludoteca de Semana Santa "Ti máis eu xogamos ao mesmo"
- Dende o Concello de Lobios organizamos unha ludoteca infantil para a conciliación familiar para os días 11, 12, 13 e 18 de abril de 2022 en Semana Santa.
- Está dirixida ata a 30 nenos e nenas de 4 a 16 anos empadroados no Concello de Lobios. Estableceranse dous grupos segundo as idades dos participantes.
- As actividades celebraranse no Espazo Multiusos e no Polideportivo Municipal en horario de 9:30 a 13:30 h.
- Inscricións por orde de solicitude, ata o día 8 de abril,
- mediante unha instancia xeral tramitada a través da Sede Electrónica.
- descargando a instancia xeral, cubríndoa e entregándoa no Rexistro da Casa do Concello de Lobios.
- Para máis información, contactar con María Almeida no 988 448 000, de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 h.