Colaboración coa Deputación de Ourense e concellos da Baixa Limia para proxectos comúns

(04.04.2022) Colaboración coa Deputación de Ourense e concellos da Baixa Limia para proxectos comúns 

 

  • Encontro desta mañá entre a  Deputación de Ourense e os concellos da  Baixa Limia para  valorar  a posta en marcha dunha entidade asociativa "que dea resposta á visión de comarca coa que todos estamos comprometidos  e facilite o desenvolvemento de proxectos estratéxicos", en palabras de Manuel Baltar, presidente do organismo provincial.

 

  • Esta reunión contou coa presenza de José Manuel Baltar Blanco,  residente da Deputación de Ourense,   Sandra  Quintas (Concello de Bande),  Plácido Álvarez (Concello de Muíños), Ramón Alonso (Concello de Entrimo), Antonio Regueira (concelleiro de Lobeira) e a nosa rexedora,  María del Carmen Yáñez (Concello de Lobios).

 

  • Traballar conxuntamente permitiranos alcanzar mellores resultados en áreas  como o turismo,  a promoción de actividades, infraestruturas, economía e termalismo.