"Coidados porta a porta"
(21.04.2022) "Coidados porta a porta"
- A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha o programa COIDADOS PORTA A PORTA, que percorrerá todos os concellos de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.
- Que servizos préstanse?
Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas.
Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habelo.
- A quen vai dirixido?
Destes servizos poden beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.
- Como leva a cada localidade?
Oito autobuses percorrerán as máis de 300 localidades con profesionais de cada unha das especialidades. Permanecerán entre tres e catro días en cada concello atendendo con cita previa.
- Cando estará en LOBIOS?
Os días 8, 9 e 10 de xuño de 2022, o servizo COIDADOS PORTA A PORTA estarán no no noso concello, no aparcamento da entrada de Lobios.
- Como pido cita?
Pode solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Ver Tríptico informativo do Servizo Porta a Porta