Establecementos hostaleiros de Lobios selan a credencial do Camiño Miñoto Ribeiro
(21.04.2022) Establecementos hostaleiros de Lobios selan a credencial do Camiño Miñoto Ribeiro
- O Camiño Miñoto Ribeiro é un dos camiños máis antigos que enlazaban o norte de Portugal coa cidade do Apóstolo Santiago. Segue transcorrendo na maior parte do seu trazado a través daqueles mesmos carreiros, calzadas romanas e camiños medievais.
- Dúas das súas tres entradas, que van dende Portugal a Galicia, pasan por territorio municipal de Lobios.
- Itinerario 1: Braga, Ponte da Barca, Ermelo, Lindoso cara Baixa Limia, Lobios e Entrimo, Castro Leboreiro, onde se une co itinerario principal.
- Itinerario 2: Terras de Bouro ata o carón de Lobios, Entrimo e Castro Leboreiro, uníndose co itinerario principal.
- Os establecementos do noso concello que selan a Compostelana coa credencial do Camiño Miñoto Ribeiro son:
- Na localidade de Os Baños de Riocaldo: Bar Os Cazadores e Restaurante Riocaldo
- Na capitalidade, Bar Cubano, Bar San Bartolomeu, Grill Lima, Restaurante/Cafetería Lusitano, Bar Frayma e Bar Chispa.
Preme aquí para máis información acerca do Camiño Miñoto Ribeiro