Encontro informativo en parroquias de alta actividade incendiaria
- Dende o concello de Lobios difundimos a actividade formativa realizada pola Consellería do Medio Rural coa finalidade de informar á poboación das parroquias con alta actividade incendiaria (PAAI) das medidas de prevención,defensa contra incendios, autoprotección e medidas para evitar o lume e protexer as vivendas e edificacións dos incendios forestais.
A charla ten unha duración dunha hora e noso municipio celebrarase nas seguintes parroquias:
Riocaldo
Data: Mércores 29 de xuño
Hora: 17:30 h
Lugar: Local social de A Devesa-Riocaldo
San Paio
Data: Mércores 29 de xuño
Hora: 20: 00 h
Lugar: Antiga escola de San Paio