Senda peonil Bubaces-Torneiros
- Rematada a senda peonil no tramo Bubaces-Torneiros. Unha primeira fase do plan de melloras de accesos peonís, que neste caso afecta a una das zonas máis visitadas turísticamente no noso concello, como é a área termal da parroquia de Riocaldo.
- Esta intervención, como outras que se realizarán proximamente, melloran as comunicacións entre distintos núcleos poboacionais, incrementando a seguridade peonil e viaria, fomenta hábitos de vida saudables e invita a visitar o noso municipio.
- Actuación realizada pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
Galería