Unidos para solicitar o enlace da IC28 entre Arcos de Caldevez/Ponte da Barca coa fronteira da Madalena e Celanova

 

(01.09.2022) Unidos para solicitar o enlace da IC28 entre Arcos de Caldevez/Ponte da Barca coa fronteira da Madalena e a AG-31 que remata en Celanova

 

  • Os rexedores e rexedoras dos municipios ourensáns e portugueses do eixe tranfronteirizo que cruza o Gerês-Xurés, dende Arcos de Valdevez/Ponte da Barca (IC-28) ata a AG-31, en Celanova, asinaron onte un escrito de petición aos gobernos de España e Portugal, para reivindicar a mellora da estrada que enlaza coas mencionadas vías, 
     
  • Un investimento que, en palabras da nosa alcaldesa, Mari Carmen Yáñez, "e  o xusto para un territorio ao que non se lle mirou con agarimo por parte dalgunhas administracións, e que conta con respaldo social e empresarial".

 

  • É constatable que a mellora deste enlace dará un novo impulso ao desenvolvemento sostible da rexión transfronteiriza, atraendo visitantes e fixando poboación, promovendo así,  a actividade económica. 

 

  • A relevancia da nova estrada é recoñecida polos rexedores dos concellos implicados a ambos lados da fronteira, así como polo CIM do Alto Minho, a Deputación de Ourense, a CCDDR-Norte e mesmo pola Xunta de Galicia.

 

  • Coa sinatura*  do  documento reflectido, reivindícase pois aos gobernos español e luso,  a inclusión  do proxecto de construción desta vía de enlace, dentro das politicas nacionais e europeas de reforzo de cohexión social e territorial.  

 

* Interviñentes: 

  • Manuel Batista Calçada -Pomba (CIM do Alto Minho)
  • João Manuel Esteves (Câmara Municipal de Arcos de Valdevez)
  • Augusto Manuel dos Reis Marinho (Câmara Municipal de Ponte da Barca)
  • Vasco Nuno M. Velho de Almeida Ferraz (Câmara Municipal de Ponte de Lima)
  • Luís Nobre (Câmara Municipal de Viana do Castelo)
  • Pablo Pérez Pérez (Deputación Provincial de Ourense)
  • Sandra Quintas Vázquez (Concello de Bande)
  • Aquilino Valencia Salgado (Concello de Calvos de Randín)
  • Ramón Alonso López (Concello de Entrimo)
  • Antonio iglesias Álvarez (Concello de Lobeira)
  • Maria del Carmen Yáñez Salgado (Concello de Lobios)
  • Benito Rodríguez Alonso ( Tte .alcalde 3º do Concello de Muíños)
  • Antonio Puga Rodríguez (Concello de Celanova)
  • José Antonio Pérez Valado (Concello de Verea)
  • José Antonio Pérez Cortés (Concello de Quintela de Leirado)
  • Jaime Sousa Seara (Concello de Cartelle)
  • José Manuel Garrido Sampedro (Concello de A Merca)
  • María Teresa Barge Bello (Concello de A Bola)
  • Isabel Gil Álvarez (Concello de Ramirás)

 

 


Galería