Constitución do Grupo Europeo de Cooperación Territorial (AECT)
- O Concello de Lobios, representado pola nosa rexedora, Mari Carmen Yáñez, estivo presente no Acto público de sinatura da Declaración Conxunta para a Constitución do Grupo Europeo de Cooperación Territorial (AECT) no contexto da “Raia Seca” e da Reserva Mundial da Biosfera Gerês-Xurés, que se levou a cabo o pasado mércores, na Câmara Municipal de Arcos de Valdevez (Portugal).
- Unha iniciativa apoiada por 22 entidades locais e supramunicipais (catorce da provincia ourensá e oito do norte luso, para xerar proxectos e captar fondos europeos para a "Raia Seca" e o Gerês-Xurés.