Xornadas para dar a coñecer o traballo da administración no desenvolvemento local

  • Mari Carmen Yáñez, alcaldesa de Lobios, acudiu no Balneario de Cortegada, xunto con representantes doutros seis concellos da provincia e de empresas privadas á primeira sesión dun ciclo de xornadas  organizadas pola Deputación de Ourense, para abordar a contribución do termalismo ás economías locais e a  mobilidade en territorios rurais e maila conexión destas zonas co AVE.

  • O ciclo desenvolverase ao longo dos próximos meses en espazos rurais  da provincia para expoñer exemplos locais de boas prácticas e innovación,  transferibles tanto a outros municipios como a nivel provincial.