Inaugurada a CASA do MAIOR de Lobios

 

(01.03.2023) Inaugurada a CASA do MAIOR de Lobios

 

  • Lobios conta xa cunha CASA do MAIOR, ubicada na Finca Tejada, na capitalidade do municipio,  destinada a persoas maiores de 60 anos, sen dependencia ou en situación de dependencia de grao I e II.
  • A CASA do MAIOR de Lobios, ofrece unha atención diurna integral na que prima o acompañamento dos usuarios cun trato cercano,  ademais de realizar actividades de envellecemento activo, adestramento cognitivo, coidado persoal, entre outras.
  • O usuario pode acudir oito horas ao día de luns a venres, en modalidade diúrna, con horario flexible pactado coa persoa responsable do centro. A casa do maior permanecerá aberta todo o ano, excepto os días festivos e un mes de vacacións.
  • O servizo de atención ao maior e o servizo de transporte, caso de precisalo, son gratuítos. Se ademais o usuario desexa engadir mantemento, terá un custo de cinco euros ao día.

 

  • Dende o Concello de Lobios, estamos moi ledos de dispoñer dende xa da Casa do Maior, unha iniciativa apoiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que:
    • Proporciona unha atención persoalizada.
    • Axuda a mitigar a soidade.
    • Permite unha maior socialización.
    • Fomenta un envellecemento activo coas distintas actividades que se propoñen (obradoiros de memoria, picomotricidade, manualidades...).
    • Axuda, ás familias, na conciliación laboral, mantendo aos maiores nos seus propios fogares.
    • Outorga un respiro familiar, ás veces moi  necesario, para os coidadores.
       
  • Para procurar a mellor atención, as prazas son limitadas a 5 usuarios. Para solicitar unha praza,  dirixirse aos servizos sociais do Concello de Lobions, onde lle prestaran  o asesoramento preciso para realizar os trámites necesarios e iniciar o procedemento.

 


Galería