(31.05.2023) Programa pioneiro para facilitar a declaración da renda a maiores de 65

 

(31.05.2023) Programa pioneiro para facilitar a declaración da renda a maiores de 65

  • O Concello de Lobios e a Axencia Tributaria acordan un convenio para facilitar a presentación da declaración da renda de persoas maiores de 65 anos, por vídeo-asistencia.

 

  • Unha xestión que se facilitará aos veciños, dende as oficinas municipais,  para o cumprimento deste trámite anual, que se lles tornaba difícil ou cando menos  incómodo,  ben por condicionantes de idade ou por dificultades de desprazamento -ata o momento tiñan que acudir á sede da Axencia Tributaria en Celanova-.

 

 

  • O Concello de Lobios, é pioneiro e case exclusivo, na  prestación deste  servizo a maiores de 65 anos, en  colaboración coa Axencia Tributaria.
    Unha acción máis que se suma ás que se veñen facendo dende as distintas áreas municipais, para facilitar os trámites burocráticos aos nosos maiores.