Senda Bubaces-Torneiros, rematada a segunda fase.

 

(12.06.2023) Senda Bubaces-Torneiros, rematada a segunda fase.

 
  • A senda peonil Bubaces-Torneiros, vén de incrementar o seu trazado, tras o remate das obras da segunda fase de habilitación.
  • Unha aposta máis deste concello, que xunto coa Axencia Galega de Infraestruturas, incide na seguridade das comunicacións entre os núcleos do concello, especialmente nunha área de gran interese turístico pola súa oferta termal.
  • Este enlace peonil, invitará tanto a veciños como a visitantes, a gozar da nosa contorna dun xeito seguro e saudable.