"Coidados Porta a Porta!" de novo en Lobios
(16.06.2023) "Coidados porta a porta"
- A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia continúa co programa COIDADOS PORTA A PORTA, que percorre todos os concellos de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.
- Os días 13, 14, 17 e 18 de xullo de 2023, o servizo COIDADOS PORTA A PORTA estará de novo no noso concello, no estacionamento da entrada de Lobios. E o día 12 de xullo, haberá unha charla sobre os COIDADOS DO OÍDO, no edificio multiusos de Lobios.
- Para a prestación deste servizo, é preciso solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Ver Tríptico informativo do Servizo Porta a Porta