Acondicionamento das instalacións das piscinas municipais

 

(04.07.2023) Acondicionamento das instalacións das piscinas municipais

 
  • As piscinas municipais reciben a nova tempada con novidades nas súas instalacións,:
    • Máis antucas e novas árbores aportando máis zonas de sombra.
    • Novo mobiliario nos vestiarios (bancos e colgadoiros) para maior comodidade á hora da muda.
    • Instalación de armarios metálicos con chave para gardar as pertenzas de xeito seguro. (Solicitar información sobre o seu uso na recepción).
       
  • Estas melloras dan resposta,  por parte do Concello de Lobios, a suxestións realizadas por  usuarios e usuarias deste emprazamento e,  sen dúbida,   axudarán a gozar da piscina e do verán, con maior  comodidade.

Galería