Confraternización co municipio luso de Ponte da Barca
(09.08.2023) Confraternización co municipio luso de Ponte da Barca
- Recoñecemento de fronteiras. O pasado luns, unha representación do noso concello, encabezada pola rexedora, Mari Carmen Yáñez, foi recibida no municipio luso limítrofe de Ponte da Barca. O obxecto principal do encontro, que se vén desenvolvendo anualmente, foi o recoñecemento e confirmación dos límites fronteirizos, fito que quedou reflectido nunha acta formalizada ao efecto.
Puxéronse en común proxectos que afectan a ámbolos dous territorios, como a mellora do eixe transfronteirizo para a mellora das comunicacións viarias, e establecéronse liñas de traballo que se desenvolverán conxuntamente.
- Exposición `San Bartolomeu em revista´. Esta mesma xornada, inaugurouse nos Pazos do Concello de Ponte da Barca, a exposición `San Bartolomeu em revista´, á que fomos invitados e que recolle carteis promocionais referentes á Romaría de San Bartolomeu e publicacións nos xornais locais "O Povo da Barca" e Noticias da Barca, dende 1914 ata 2023.
- Encontro de fútbol. Xa pola tarde, os equipos Unión Deportiva Lobios e a Associação Desportiva de Ponte da Barca, disputaron un encontro amistoso.
A xornada pechouse cunha cea coa que, representantes municipais, xogadores e asistentes de Lobios e de Ponte da Barca, compartiron mesa e confraternizaron un ano máis.