Acondicionamento da fonte e do lavadoiro do Souto de Grou

 

(28.08.2023) Acondicionamento da fonte e do lavadoiro do Souto de Grou

Ao abeiro da RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, e se establece a súa convocatoria en réxime de competencia non competitiva para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT402B) ,  publicada no DOG nº 11, do 17 de xaneiro de 2022, o concello de Lobios realizou a actuación de  “Acondicionamento da fonte e do lavadoiro do Souto de Grou”, pertencente ao concello de Lobios.

As obras realizadas foron:

-Limpeza de toda superficie de formigón do inmoble con auga a baixa presión e medios manuais.
-Demolición da cuberta de uralita e a estrutura soporte de formigón.
-Demolición e regularización dos cerramentos perimetrais do lavadoiro.
-Reparación e substitución de todos os caños actuais de PVC da fonte.
-Execución dun tratamento superficial nos paramentos da fonte e lavadoiro consistente na aplicación de morteiro de cal e posterior aplicación de pintura con cor incluída en “A Guía de cores e materiais de Galicia”.
-Colocación de cubremuros de pedra sobre a fonte e lavadoiro.
-Selaxe dos vasos e revogo con morteiro flexible bicomponente para garantir a estanqueidad.
-Execución dunha nova cuberta de tella cerámica sobre estrutura de madeira.
-Execución e regularización do perímetro posterior da fonte lavadoiro, mediante a execución dun muro de pedra que sirva de zócalo ao noiro natural existente e sobre o que se apoie a parte posterior da cuberta, incluíndo unha drenaxe perimetral que evacúa as escorrentías do noiro.
-Execución dun solado de pedra no interior do lavadoiro sobre a soleira existente.
-Execución dunha varanda que nos delimite a contorna da poza en contacto coa vía pública e o lavadoiro.
-Delimitación do espazo da fonte coa vía pública,  executando un perímetro en pedra, que nos delimita a vía, e colocación de lastra granítico nos espazos de encontro co inmoble.
-Limpeza de todo o espazo natural posterior ao inmoble así como dos paramentos que configuran a poza.

As obras  realizadas están adaptadas aos criterios da guía de cores e materiais de Galicia.

Coa realización desta actuación, corriximos o impacto paisaxístico  e melloramos a contorna paisaxística do noso municipio.


Galería