A Xunta de Galicia e o Concello de Lobios unen forzas contra os incendios forestais.

  • Mari Carmen Yáñez, a nosa rexedora, foi recibida esta mañá  en San Caetano, Xunta de Galicia ,    polo  conselleiro do Medio Rural,  José González  e o  director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez.

 

  • Durante a reunión, acordouse fortalecer a colaboración institucional entre a Xunta e o Concello no que respecta á prevención e defensa contra incendios forestais. Neste sentido, intensificarase a cooperación para mellorar as infraestruturas e camiños nos montes do municipio, co obxectivo de facilitar a mobilidade dos medios contra incendios tanto para tarefas preventivas como, en caso necesario, para a extinción .

 

  • Ademais, estanse a considerarse diversas alternativas para mellorar as infraestruturas destinadas ao persoal da Xunta que traballa nestes labores dentro do termo municipal.