Lobios acollerá o II Seminario Internacional de Educación Social
(21.09.2023) Lobios acollerá o II Seminario Internacional de Educación Social e a II Convivencia Interuniversitaria e Profesional
- Do 29 de setembro ao 1 de outubro de 2023, Lobios será a sede do II Seminario Internacional de Educación Social e a II Convivencia Interuniversitaria e Profesional.
- Un encontro que reunirá no noso concello, a profesionais, alumnado e profesorado de institucións académicas de Galicia, Asturias, País Vasco e Portugal, vinculadas coa Educación Social para dar visibilidade a esta profesión.
- Ademais das sesións propias do seminario, os asistentes poderán gozar de actividades ao aire libre coñecendo a cultura, etnografía e lugares de interese da nosa contorna.
- A Deputación de Ourense, entidade colaboradora, acolleu no Pazo Provincial a presentación desta iniciativa, por parte de Rosendo Fernández, deputado provincial de Representación Institucional, Javier Rodríguez, vicerreitor da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social, Deibe Fernández, por parte do Colexio Oficial de Educadores Sociais e Mª Carmen Yáñez, rexedora do noso concello.