Pozo da Seima, resaltando a contorna natural e a súa historia

 

 Pozo da Seima, resaltando a nosa contorna natural e a súa historia

  • O Pozo da Seima, un espazo que atesoura a beleza do noso patrimonio natural e cultural, é máis accesible tras o proxecto de mellora e sinalización do seu roteiro,  para que todos podamos gozar deste marabilloso recuncho da natureza.

 

  • Os camiños que levan a esta singular paraxe,  despexáronse de maleza e sinalizáronse. Iso,  unido á incorporación de novas  escaleiras e pasarelas, facilita a travesía  que culmina cun miradoiro que descobre a espectacularidade do Pozo da Seima e da súa contorna.

 

  • Todos os traballos realizados e os materiais utilizados, foron especialmente coidadosos co medio no que nos atopamos.

 

  • Este proxecto, contou cunha liña de axudas do Parque Natural para os espazos dentro da Reserva da Biosfera.

 

  • A intervención neste roteiro do Pozo dá Seima, afianza o compromiso de
    • poñer en valor a nosa paisaxe, 
    • contribuír á preservación e coñecemento da biodiversidade,  
    • e fomentar o desenvolvemento turístico sostible.

Agora só queda gozar  dun día ao aire libre, descubrindo o encanto do Pozo dá Seima e a súa contorna espectacular!

 

 


Galería