Adquisión dunha miniescavadora para a prestación de servizos municipais

 

Adquisión dunha miniescavadora para a prestación de servizos municipais

  • Ao abeiro da Orde da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribucióndo fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitante, previsto no artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais de Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (código de procedemento PR486B) publicada no DOG nº 34, do 17 de febreiro de 2023, o concello de Lobios adquiriu unha miniescavadora equipada con martelo hidráulico e pinza hidráulica, coa finalidade de realizar diferentes actividades, como limpeza viaria, recuperación e mantemento de paseos, xardíns e vías públicas de titularidade municipal e, actividades ambientais e de mantemento de espazos de interese ambiental.

 

  • Esta actuación cun investimento aprobado de 59.169,00 euros, recibiu unha axuda de 29.000,00 € euros e, foi financiada integramente con cargo ao artigo 59.catro da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Dado o importe deste subministro a adquisición desta máquina realizouse a través dun procedemento aberto supersimplificado.

 

O prezo final da miniescavadora foi de 55.781,00 euros