ESCOLA DE EMPODERAMENTO DO XURES 2023, programa financiado coa axuda da Unión Europea
ESCOLA DE EMPODERAMENTO DO XURES 2023, programa financiado coa axuda da Unión Europea
- Rematou una nova edición da ESCOLA DE EMPODERAMENTO DO XURES 2023, unha programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero subvencionado con 6534 € pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas para ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
- O principal obxectivo do programa era que estas mulleres do concello de Lobios atopasen un espazo seguro e un tempo propio no que compartir, desfrutar e gañar poder, tendo así unha razón mais para saír das súas casas.
- Durante estes meses, puideron participar en obradoiros de actividade física ao aire libre, autoestima, defensa persoal, elaboración de xabóns e conservas ou atención psicolóxica, nos que adquiriron coñecementos, habilidades e ferramentas que sen dúbida contribuíron a mellorar a súa situación persoal, emocional e social.
- Ademais supuxo unha oportunidade para consolidar un espazo no que compartir, aprender e desfrutar, algo básico para reforzar a súa autoestima e acadar o pretendido empoderamento