Aprendendo ao redor do Camiño San Rosendo - Rainha Santa
- O pasado sábado, no Multiusos de Lobios, o investigador Manuel Rivero, ofreceu unha charla sobre sobre o Camiño San Rosendo - Rainha Santa.
- Un evento para divulgar e poñer en valor este milenario percorrido de peregrinacion portugués que entra en Ourense por Portela de Home, a través dos concellos de Lobios, Muíños, Bande, Lobeira, Verea, Celanova, A Merca e San Cibrao, enlazando coa Vía da Prata para chegar a Compostela.
- Agradecemos a Manuel Rivero, a súa presenza e que nos ampliara o coñecemento sobre o Camiño San Rosendo - Raiña Santa, unha a vía de unión e comunicación entre camiños e xentes.