Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero
- A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, é un encontro de diversas instancias do ámbito municipal, educativo, social, de seguridade... para a análise, definición, coordinación, seguimento e avaliación de estratexias e liñas de acción no tocante á loita contra as violencias machistas.
- No día de hoxe, celebrouse no noso concello, a primeira mesa local, que contou coa participación da educadora social, o director e a orientadora do CEIP O Xurés, o cabo do posto da Garda Civil de Lobios e un membro da Garda Civil integrante do equipo de violencia de xénero da comandancia de Celanova.
- O vindeiro 30 de novembro, é a data establecida para a segunda mesa para dar continuidade a este proxecto de coordinación institucional.
Galería