Lobios contará cun novo médico de familia

 

(25.11.2023) Lobios contará cun novo médico de familia.

 

  • O xerente da área sanitaria de Ourense, Félix Rubial, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, mantiveron, no día de onte, unha reunión, coa nosa rexedora, Mari Carmen Yáñez, para trasladarlle que Lobios contará próximamente cun novo médico de familia asignado ao Centro de Saúde do noso concello.

  • No encontro, tamén analizaron a intervención realizada no centro de saúde, colaborada polo noso concello e a Consellería de Sanidade, que permitiu a mellora da climatización, coa instalación de bombas de calor e estores aillantes térmicos, para manter unha temperatura óptima no interior das instalacións.