Programa de Nadal en Lobios 2023
(07.12.2023) Programa de Nadal en Lobios
Obradoiros, concerto, feira, festa infantil, concursos, visita a Pazolandia, cabalgata de Reis ... este Nadal, goza en Lobios con todas as actividades que temos programadas.
Os obradoiros, están dirixidos a nenos/as de 4 a 12 anos. Para inscribirse deberase achegar este formulario debidamente cuberto, ata o 22 de decembro. Prazas limitadas. Orde preferente, empadroados/as no concello.
Agardámoste en Lobios!!!