
- A Deputación de Ourense cofinanciará o proxecto de mellora do campo de fútbol de Lobios onde se procederá á instalación de céspede artificial.
- Este proxecto é froito de negociacións complexas, iniciadas coa anterior presidencia do ente provincial, na que interveñen varias administracións, Xunta de Galicia, Deputación e concellos.
- As obras a realizar no campo de fútbol, terán continuidade o vindeiro ano a través do Plan de Infraestruturas que se asinará a comezos do 2024 coa Xunta de Galicia.
O Pazo Provincial acolleu onte o encontro entre o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e os rexedores dos 6 concellos beneficiarios desta iniciativa, con Mari Carmen Yáñez, en representación do Concello de Lobios.
Especial agradecemento a Luis Menor, pola súa implicación en levar a cabo esta iniciativa., por estar sempre receptivo e atender as necesidades que lle plantexamos dende o Concello de Lobios, para mellorar as nosas infraestruturas e con elo, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños.